lunes, 16 de octubre de 2017

Premio PLANETA 2017





Javier Sierra alzouse onte co LXVI Premio Planeta de novela co manuscrito "El fuego invisible", presentado co título provisional de La montaña artificial baixo o pseudónimo de Vitoria Goodman. "Quero dedicar esta novela aos compañeiros escritores", afirmou emocionado polo "momento impresionante" xa que "se trata da palabra onde reside a forza creativa da nosa civilización". "É no uso da palabra onde está a orixe da bondade e da maldade, ese é o lume invisible que temos todos no noso interior", explicou o autor en relación á súa novela. En concreto, a trama apunta á orixe dunha palabra "que cambiou o destino de Europa no século XII": "Esa palabra é Grial".
A escritora madrileña Cristina López Barrio quedou finalista con "Niebla en Tánger", novela presentada como La nueva vida de Penélope tras o pseudónimo de Bella Linardi e quixo dedicar o premio aos lectores e, sobre todo, aos libreiros "polo seu magnífico labor". "Esta é unha novela que fala da creación literaria como arma perigosa e á vez como fonte de sanación".

viernes, 6 de octubre de 2017

RECOMENDACIÓN FIN DE SEMANA

 TÍTULO: 18
AUTOR: F.M. ESPINOSA
EDITORIAL: ALFAGURAEste mes publícase esta novela xuvenil que conta a historia de seis personaxes cunha dato en común: todos cumpren 18 anos o mesmo día.
Francesca sente algo por Warren, o cínico noivo da súa amiga Kali. Oliver ten problemas graves de autoestima, Hugo está lonxe de casa, Emma cre que lle gustan as mozas... e isto só é o principio.
No medio deste desenfreo de emocións, de relacións e desenganos descubrirán que ao final o que prevalece é estar unidos.
#18SoloSeViveUnaVez
 https://www.megustaleer.com

Premio Nobel de Literatura 2017

O escritor británico Kazuo Ishiguro, foi galardoado este xoves co Premio Nobel de Literatura 2017.
Nacido o 8 de novembro de 1954 en Nagasaki (Xapón), Kazuo Ishiguro trasladouse aos cinco anos coa súa familia a Surrey, Inglaterra, onde ao seu pai ofrecéronlle un traballo como oceanógrafo. A súa porta de entrada á lectura foron as aventuras do británico Sherlock Holmes, que lía de neno na biblioteca local. Estudou literatura inglesa e filosofía na universidade de Kent.
Escritor audaz e meticuloso, é autor de sete novelas, que escribe en inglés, todas publicadas en español por Anagrama. A última, O xigante enterrado, explora tamén, nesta ocasión desde o xénero fantástico, como a memoria se relaciona co esquecemento, a historia co presente e a ficción coa realidade. Tamén asinou libros de relatos e guións de cinema e televisión. Admirador de Dylan, o seu predecesor na lista dos Nobel, toca a guitarra e escribiu letras para o cantante de jazz Stacey Kent.
 

miércoles, 4 de octubre de 2017

Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil: ANTONIO GARCÍA TELJEIRO

O poeta Antonío García Teijeiro vén de ser galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo libro Poemar o mar.  
Poemar o mar pecha a triloxía do mar de Antonio García Teijeiro , da que forman parte ademais Palabras do mar, editado por Embora, e En la cuna del mar, editado por Creotz ediciones, Publicado en Xerais, na súa colección Merlín e destinado a partir de lectores autónomos, este mar de García Teijeiro ronca, molla cos poemas, ten trenzas, anda murcho, chora por dentro e cala por fóra...nese xogo poético inundado de lirismo.
As fermosas ilustracións son de Xan López Domínguez.
Moitos parabéns a García Teijeiro por este recoñecemento.


lunes, 2 de octubre de 2017

ACTIVIDADES ESPAZO LECTURA 2017-18

No mes de outubro Espazo Lectura comeza unha nova tempada de actividades de fomento do libro e a lectura que agardamos que, malia os cambios que experimentarán as actividades, sexa tan intensa, emocionante e motivadora coma as anteriores.
Na imaxe ofrecemos o calendario completo de actividades do mes de outubro, agás a de Contos en Cueiros, que se celebrará o último venres de mes e será anunciada coma sempre o luns anterior. Os principais cambios son que a actividade do Contomar segue suspendida e que as sesións dos diferentes clubs de lectura se trasladadas da Biblioteca Municipal á Casa da Lectura (Nogueira, 8 -Donas).


jueves, 8 de junio de 2017