O mes de outubro, e o mes da biblioteca escolar, ao igual que outras moitas escolas de todo o mundo o CPI de PANXÓN quere commemoralo con algunhas actividades o día 28 de outubro no salón de actos, comezaremos ás 9:35. Ao longo desta semana poderédesvos achegar cos vosos titores/as, para percorrer todos os espazos da Biblioteca e facer cuestións no tocante á colocación e ubicación dos libros, xornais, revistas, bandas deseñadas,xogos,... e calquer outra dúbida que se vos presente. E O VENRES 28 xuntarémonos todos/as no salón de actos para presentar as actividades que traballamos este mes dende a biblioteca, non esquezades que o Samaín esta moi perto e haberá sorpresas....