Como cada ano queremos render a nosa pequena homenaxe a todas as grandes e pequenas bibliotecas.
A asociación amigos do Libro infantil e xuvenil que promove esta celebración desde 1997 co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte quere concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura e agradecer e potenciar o extraordinario labor dos bibliotecarios.
Este día a nosa biblioteca recibe aos nosos novos usuarios/as facéndolles entrega do carné de lectores, durante a semana explicámoslles o servizo de préstamos, a distribución e actividades que se organizan na nosa biblioteca, as nosas normas. Coñecemos como son os libros por dentro e por fóra, lemos, contamos contos.... poñemos a imaxinación a funcionar para motivar ao uso da biblioteca.

A continuación presentamosvos a programación elaborada para este mes de outubro, para que toda a Comunidade educativa interesada poida participar e organizar as actividades.
Grazas a nosas axudantes /as de bibliotecas e as familias da ANPA que colaboran por facer isto posible.
Anímate e atopa a maxia que esconde a Biblioteca!
Comentarios
Publicar un comentario