Desde 2011 estamos a impulsar diferentes iniciativas, de maneira transversal desde todas as áreas, para que o noso alumnado mellore as súas competencias de Comunicación Lingüística. Entre outras moitas cuestións, o noso obxectivo é que todo o alumnado do centro siga unhas normas básicas para ter os seus cadernos mellor presentados, con maior orde e limpeza e cunha adecuada expresión escrita. A experiencia foi bastante positiva e, para reforzar a idea organizamos unha exposición e concurso de cadernos a final de curso, os mellores foron premiados. Durante este curso imos aplicar tamén o modelo elaborado en anos anteriores e que nos vai a servir de exemplo, con pequenas variacións que indicarán os profesores/as, na presentación dos cadernos das distintas materias. Con iso tratamos de evitar as deficiencias formais e mellorar tamén a expresión escrita e a ortografía. A continuación presentamos o modelo que seguimos.