Este curso volve a Radio Escolar despois dun tempo sen programas, haberá novidades respecto a outros cursos como: - Participaredes todos os alumnos/as tanto de Primaria como de Secundaria. - Cada curso, según o calendario que axuntamos será o encargado ese mes do programa. - - As seccións do programa radiofónico son as que aparecen na plantilla de radio escolar que todos teredes: efemérides, noticias, curiosidades, novidades literarias… cada curso seleccionará aquelas seccións que considere e as redactará para que os últimos mércores de cada mes se faga a gravación e os venres se emita. - - Todas as clases terán un distintivo na porta para que saiban que mes lles toca a eles e que todos poidamos cooperar. - - Encargados: En primaria o titor será o encargado de organizar o traballo e en secundaria o titor e sobre todos os mestres/as de Lingua, non quere dicir que os demais mestres/as non interveñan , orienten, expliquen, recomenden........ -