Ir al contenido principal

ACTIVIDADE ANUAL ESPAZO DE LECTURA

 Desde a súa creación, Espazo Lectura procurou establecer unha estreita liña de colaboración cos centros de ensino da comarca. Con ese obxectivo o noso centro “CPI de Panxón” fíxose socio protector e comprometeuse a distribuír entre as familias do noso alumnado a programación de actividades da asociación.
Esta liña de colaboración cos centros de ensino resulta fundamental pois contribúe a facer chegar a moitas casas a información das actividades e o espírito de fomento da lectura como axente socializador, ao tempo que crea unha interesante dinámica de intercambio de información e propostas coas bibliotecas escolares dos centros educativos.
Para agradecer este apoio, Espazo Lectura ofrécenos anualmente unha actividade de fomento de lectura.
O xoves 27 de abril asistimos ao espectáculo musical Canta connosco! de Migallas Teatro, no auditorio municipal Lois Tobío, de Gondomar.
Todos os asistentes ao espectáculo, cantamos e bailamos os seguintes temas do disco Canta connosco!: “Dime que fixeches”, “O esqueleto”, “O libro máxico” e “Ai Patín”.

Despois, merendamos no parque da Coelleira con todos os centros que participan nesta actividade. 
 Participamos co CEIP BELESAR, EEI "As Dunas", EEI O Areal, CEIP Chano Piñeiro, CEIP Serra Vincios, CEIP Carlos Casares, CEIP Humberto juanes e CEIP Souto Donas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!