Ir al contenido principal

DÍA DO LIBRO: CONCURSO «UN CONTO DE H. C. ANDERSEN EN CÓMIC»

O día 2 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil , data de nacemento de Hans Christian Andersen. No CPI de Panxón decidimos unir este día co día do libro. Os alumnos de 1º ESO informáronse concienzudamente da vida deste escritor danés e dos seus contos máis coñecidos. Volveron ler algúns deles e escolleron cada un, un conto diferente.
 Agora comeza a segunda parte do reto: Deberán organizar o seu conto nun máximo de 10 viñetas, Previamente ao desenvolvemento do deseño terán que, por escrito, resumir o que aparecerá en cada unha delas. Posteriormente, nas clases de plástica, e unha vez coñecido a linguaxe do cómic, deseñarán a súa tira. Os traballos deberán estar realizados antes do 20 de abril.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!