O día 23 de marzo como remate ao mes da poesía, Benxamín Míguez Novoa estivo no noso centro para impartir un taller de poesía dirixido aos alumnos de 5º e 6º de Primaria. Ensinounos a gozar do silencio, a empuxar as sensacións que están ocultas no noso interior e facer que emerxan. Con todo podemos facer poesía e, para empezar, fixemos rimas coa táboa de multiplicar. Seguimos compoñendo con sentimentos, animais, obxectos e momentos que escribiramos en cartóns , con todo iso inventamos estrofas. Unha forma divertida de descubrir que a poesía pode ser un xogo co que nos divertimos e co que aprendemos a coñecernos.
Comentarios
Publicar un comentario