Como todos os anos, no CPI celebramos de forma especial o Día do Libro. Este ano estanse organizando todas as actividades nas que teredes, como sempre, un protagonismo especial. Nunha delas a arte vai convidarnos a espertar a nosa creatividade artística en aras de agasallar ao libro. O libro na arte e arte cun libro será como chamaremos a esta actividade. Pronto veredes como o corredor de entrada engalánase con murais que percorren a historia da pintura da man dos libros. O Departamento de plástica seleccionou obras dos máis recoñecidos pintores ao longo do tempo nos que apareza representada a lectura. Sorprenderavos ver como o noso centro transformarase na maior da pinacotecas sobre o libro. O voso traballo consistirá en facer o proceso inverso; partindo dun libro , deberedes crear unha obra de arte para que tamén poida expoñerse no Corredor da arte. Poderedes utilizar calquera material ( goma eva, cartolina, madeira, plástico...) e que a inspiración, a creatividade , a imaxinación fagan o resto. Os traballos serán entregados ao voso profesor de plástica e tamén poderedes contar con el para que poida resolvervos algunhas das vosas dúbidas. Esperamos que, como sempre, sorprendádesnos a todos.
Comentarios
Publicar un comentario