Ir al contenido principal

"OS MARTES AO SOL" INAUGURACIÓN BIBLIOPATIO 23 DE ABRIL



 O martes que vén inaugúrase o Bibliopatio cunha actividade que chamaremos "Os martes ao sol". Os axudantes de biblioteca pasearán as novidades que chegaron recentemente ao colexio. Cada martes haberá unha selección diferente pensada para todos os alumnos, ademais de prensa, cómics, libros para pensar, libros relacionados co cinema... Poderedes botarlles unha ollada deixando só o voso nome ou número de lector e, ao finalizar o recreo, teredes que devolvelo ou solicitalo en préstamo. Espero que a partir de agora o bo tempo acompáñenos e gocemos dunha boa lectura ao sol.
Déixovos a folla de rexistro das lecturas que poderedes atopar este martes 24 no Bibliopatio.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Crea o teu circuíto

  Dende a área de Ciencias Naturais, a rapazada de 6º de EP estivo aprendendo sobre os circuítos e os seus elementos. Cada un deles creou o seu propio circuíto e decidiu como montalo. Estes foron os seus resultados 👀👇:  MOI BO TRABALLO!👏

Visitamos a Stella Maris

  Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Primaria reuniuse cos usuarios e usuarias da residencia de maiores Stella Maris. Aproveitaron o día dando un paseo polas instalacións e incluso algúns deles foron ata a praia de Panxón. Desfrutamos moito desta xornada.😀 Moitas grazas!