Ir al contenido principal

Entradas

Obradoiro de xogos

  Este martes os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP en grupos cooperativos multinivel estiveron traballando a competencia matemática e lingüística a través de xogos de mesa: Cross dices para formar palabras  Dog crimes para mellorar a comprensión lectora. Alto voltaje para traballar o cálculo  Código secreto para traballar o cálculo elemental básico  Carrera de letras para traballar o vocabulario e o deletreo de palabras. Color Line adaptado para traballar os determinantes  Palabrea para traballar as categorías de palabras  Club A. Jeff el grumete para traballar a resolución de problemas  Club A. Bon el explorador para trabalhar as categorías de palabras  Repasaron e o pasaron xenial, mirade: Bo traballo rapazada!🤗
Entradas recientes

2 ABRIL - Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

  Ao longo desta semana, nenas e nenos da escola conmemoraron o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Viron algúns vídeos moi ilustrativos como o de Pau Brunet: Reflexionaron moito sobre isto e entre todos crearon un mural con pezas de puzle cheas de palabras de axuda e agarimo. 💙 Tinguimos de azul o noso cole. Vos deixamos cun video resumo:

Día da poesía ~ 21 marzo

  Polo día da poesía estas son as recomendacións lectoras:

Liña 5: Rescatando a ortografía. Club de lectura

Onte comezou a liña 5 do club de lectura da man dos nenos e nenas de 5º de Primaria. Están a ler Plan de rescate de Antía Yáñez.

Día da auga ~ 22 marzo

O Día Mundial da Auga conmemórase cada 22 de marzo coma un medio para centrar a atención na importancia da auga doce e na xestión sostible dos recursos. É por iso, que hoxe, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria estiveron traballando en relación a este día tomando como referente o lema deste ano: Auga para a paz . Mirade:

Visita ao museo da automoción e ao Muncyt

O mércores  día 20 de marzo o alumnado de 2º e 4º ESO foi á Coruña para visitar o Museo da Automoción e o MUNCYT.  Mirade o ben que o pasaron:

Un día polo horto… Marzo

  O día de hoxe, os nenos e nenas de Educación Primaria estiveron desfrutando unha xornada no horto. Cada clase encargouse de realizar unha tarefa distinta: 6º de EP encargouse de plantar pataca. 5º de EP encargouse de plantar xirasois, así coma a limpeza dos bancais e a plantación de plantiñas no estanque. 4º de EP encargouse da asociación de cultivos. 3º de EP da limpeza e plantación. Botade unha ollada: