Como sabedes o noso proxecto desenvolvese en tres partes: · 1ª.-O medio mariño dende un enfoque biolóxico · 2ª.- Os recursos mariños da costa galega · 3ª.- A cultura do mar Como paso previo ao desenvolvemento de actividades co alumnado é preciso facer unha maior concreción de parte da programación do proxecto, máis cando non se conta de antemán cunhas unidades didácticas preparadas para que o profesorado desenvolva o tema que tratamos no proxecto. No documento que agora se presenta recollese de forma máis resumida a presentación xeral, introducense algúns cambios, pero sobre todo céntrase e desenvolve de forma máis concreta a 1ª parte do proxecto que muda o nome (pasa de chamarse “o medio mariño dende un enfoque biolóxico” a chamarse “o medio mariño dende un enfoque oceanográfico” ) , recollendo información complementaria para facilitar ao profesorado o desenvolvemento dos contidos e a realización de activ