Lembrade que o vindeiro xoves a hora de ler trasladarase a 4ª hora. Todos os alumnos que vos presentastes voluntarios para apadriñar a un alumno de Primaria, teredes que estar ás 11:45 nas filas de Primaria cos vosos libros respectivos. Se fai bo tempo , baixaremos á praia para que sexa alí onde este ano leades aos vosos afillados. Seguro que resulta unha xornada moi enriquecedora e divertida. Non vos esquezades de preparar a vosa participación lectora.