Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2016

VISITA: MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

O pasado mércores, 1 de xuño o escritor Miguel Ánguel Aonso Diz veu contar un conto titulado “O soño de Esther” e outro titulado “O Valente coello que quixo soñar” . Contóullelos ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria. 

VISITA ESCRITOR ALFONSO ÁLVAREZ CACCAMO

O pasado venres, 3 de xuño do 2016 o escritor Alfonso Álvarez Cáccamo veu falar da súa obra literaria, especialmente falou de O bosque de levas, libro de lectura obrigatoria para o alumnado de 3º, 4º e PDC de ESO.  A charla foi no Salón de Actos e comezou ás 10:40 horas. Falou de como comezou a escribir desde moi novo e como gañou un concurso de contos en Oviedo co conto titulado “A carniceira asasina”, de como xogaba co seu irmán Pepe Cáccamo a escribir relatos e dixo que o seu libro preferido de tódolos que leva publicados é O espírito de Broustenac. Tamén dixo que agora mesmo está a escribir un libro titulado Vento maino.  En canto a O bosque de levas, dixo que comezara a escribilo cando escoitara soar o piano na súa casa despois de que mandara que llo afinasen. En realidade fora o vento quen o fixera soar. Dixo en varios artigos do Faro de Vigo que tiña unha pantasma na casa chamada Lino e unha lectora animouno a contar a historia de Lino que logo pasou a chamarse Marcelo de
O alumnado da ESO o 25 de novembro, recibiu unha charla impartida por Arrate Emaldi Pereira, Psicóloga e Técnico en formación de Pantallas Amigas, na que se trataron os seguintes contidos prevención riscos Internet menores, uso seguro e responsable, riscos redes sociais, grooming, ciberbullying, privacidade...etc. Damos as grazas ao concello por facilitarnos a charla de Pantallas Amigas . 

MANUEL MARÍA: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Presentación realizada polo alumnado de 4º de ESO o Día das letras Galegas.